Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 04/10/21
04/10/2021
09:59
Galicia entrou hoxe no que se coñece como nova normalidade. Isto é, hai unha incidencia de coronavirus inferior aos 25 casos por cada 100.000 habitantes. É de 22,9 contaxios. É xunto a Asturias a segunda comunidade nesta situación. Con estes datos riba da mesa, o comité clínico estuda esta tarde as novas medidas que regularán as actividades aínda restrinxidas. Barállase restablecer horarios e cabidas en función das licenzas dos establecementos e xa non da incidencia da COVID-19. Para iso, será chave ampliar o rastrexo de casos e a vixilancia dos gromos que poidan ir xurdindo.