Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 05/11/21
05/11/2021
09:59
Dia de protestas... a de colectivos en defensa dos dereitos LGTBI, piden a esta hora en Lugo xustiza pra moza trans supostamente empurrada dunha altura de 12 metros por un home co que estivera de festa... tamén alzan a voz de novo os gandeiros, hoxe polos baixos prezos que reciban cando venden os seus becerros...
Son novas dunha xornada na que os empregados de Vestas ven algo de luz... a empresa só amplía o periodo de consultas do ere ata o luns pero non se pecha a seguir alongando o prazo... ademais apareceu outro interesado en comprar a fábrica de Chavín.
Pros de Ence hai futuro, ou iso di a Xunta, que insiste: a pasteira pode seguir en Lourizán.