As familias dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo reiteran a necesiade de baixar ó pecio tras coñecer o auto da Audiencia Nacional no que se dubida da version oficial do patrón e se fala de 21 posibles delitos de homicidio imprudente. A Audiencia comparte asi a postura que mantén a Fiscalia.
QUE TAL BOA TARDE, así o veñen de trasladar via comunicado nun día no que a atención estivo en Ferrol. As autoridades falan de día histórico pra Navantia ó comezar a construción da serie de fragatas F110 pero os sindicatos de traballadores piden máis melloras nas instalacións pra aumentar a carga de traballo a longo prazo.
Continuar arestora o encontro en Zarzuela de Nuñez Feijoo co rei...mentres desde o seu partido en galicia diego calvo pide que se elixa o proximo presidente dos populares galegos a traves dun congreso extraordinario e non cun acordo interno.
Hai novidades ademais da operacion contra o narcotrafico son 18 os detidos en toda España, case unha decena deles en Galicia, 20 embarcacions intervidas