Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 07/10/21
07/10/2021
09:56
A Xunta decreta tres días de loito oficial polo repentino falecemento do conselleiro de Facenda Valeriano Martínez. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asumirá temporalmente a súa carteira.
O Parlamento galego suspendeu a súa actividade en sinal de dó e os membros do Goberno gardaron un longo minuto de silencio na súa memoria.
Falamos hoxe tamén doutros asuntos... O xulgado de Lugo finaliza a investigación da principal peza da Operación Pokémon.
E iremos ao Pazo de Meirás, onde tras un acto de homenaxe ás vítimas da ditadura franquista, o Goberno anunciou que prepara unha demanda civil para recuperar os bens das Torres.
Ampliamos decontado estas e outras novas.