Boa tarde...a policía autonómica formará parte do dispositivo especial de seguridade cidadá en Compostela tralo acoitelamento a un menor de 17 anos que tivo lugar esta pasada fin de semana. É o segundo acoitelamento que se rexistra na cidade en menos dunha semana.
A falta de médicos nos PAC da área sanitaria de Pontevedra- O Salnés saturou este domingo de novo o servizo de urxencias do Hospital Montecelo. Isto provocou protestas dos propios facultativos do servizo. No Parlamento, os grupos da oposición instan a Xunta a buscar solucións urxentes a falta de persoal no SERGAS, especialmente nesta área sanitaria.
A dirección de Stellantis e os sindicatos comezaron hoxe a negociar un novo ERTE flexible e un ERE voluntario. Ambos incluirán a algo máis de 5.000 traballadores e o ERTE se vai desenvolver, en principio,ó longo de 90 días de aquí a fin de ano.