Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 09/05/23
09/05/2023
10:01
suspendido o xuizo rápido en Puebla de Sanabria ó presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que estaba citado a declarar por un presunto delito contra a seguridade viaria. Unha citación que finalmente non se celebrou pola incomparecencia do letrado do presidente.
Todo nunha xornada na que continuou a circulación de audios comprometidos do alcalde de Ourense e na que o PPdeG freou a tramitación da iniciativa lexislativa popular en defensa da atención primaria por considerala "trufada de partidismo".