Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 09/12/21 09/12/2021 09:57

Galicia superou hoxe os dez mil casos en activo de Covid, depois de sumar máis de 1.000 contaxios en 24 horas. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, valora este datos coma preocupantes e avanza que mañá se reunirá o subcomité clínico para analizar a situación.

Hoxe soupemos que hai tres fondos de investimento interesado en comprar a fábrica de Vestas de Viveiro. Pero piden que non peche o 31 de decembro. Os traballadores venno posible pero a Xunta non cre que sexa doado.

E segundo revelou o conselleiro de Medio Rural no Parlamento por primeira vez o número de incendios forestais foi menor a un milleiro.

Galicia Informativos
Más opciones