Durante a sesión de hoxe no xuízo polo accidente do tren Alvia, declarou o ex-responsable de investigacións de accidentes de Renfe, Manuel Conde. Revelou inexactitudes entre o trazado da liña e a colocación física dos distintos elementos na vía, pero o perito opinou que esta discordancia é pouco significativa como pra ter incidencia no sinistro.
Decretada a prisión provisional prao outro detido polo acoitelamento, ocorrido o pasado día 2 de xaneiro en Santiago, na rúa Santiago de Chile, no que morreu un home de 31 anos.
E a Fiscalía de Pontevedra abriu unha investigación pra esclarece-lo acontecido no incendio da antiga fábrica de Pontesa en Ponte Sampaio, Pontevedra, no que faleceu un traballador do Grupo Nogar. O Ministerio Fiscal decidiu abrir dilixencias pra determinar se houbo ilícito penal nun lume que se deu por extinguido 20 días despois do seu comezo o 6 de novembro.