Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 10/05/22 10/05/2022 09:59

Alfonso Rueda asumirá a presidencia da Xunta co seu propio estilo. Así o remarcou hoxe no seu discurso na primeira sesión do debate de investidura. Nun discurso de pouco máis dunha hora de duración, Rueda deixou anuncios en clave fiscal e sanitaria e avanzou que lle pedirá audiencia ó presidente Pedro Sánchez.

O xulgado de Pontevedra autoriza a venda do estaleiro Barreras finalmente ao grupo Armón, por ser a mellor oferta económica. Dende a Asociación de industrias do metal de Galicia, Asime, celebran esta decisión. Non é asi, dende o comité de empresa que anuncian alegacións xa que o grupo asturiano só se compromete a manter a unha pequena porcentaxe dos traballadores actuais.

Galicia Informativos
Más opciones