Boa tarde...Ourense continúa a ser o centro das polémicas esta semana na nosa comunidade. O xulgado de Instrucción nº 3 da cidade abre dilixencias pola denuncia presentada polo BNG contra Gonzálo Pérez Jácome a raíz dos audios nos que presuntamente intentaba que uns funcionarios do Concello asumisen unha multa de tráfico do seu coche cando circulaba pola cidade de Vigo.
Pola súa parte, o alcalde asegura que tanto estes audios como os que se publicaron durante estes días están manipulados e forman parte dunha campaña mediática para afastalo da política. Todo isto nunha xornada na que o xulgado de instrución de Pobra de Sanabria sinala pra mañá o xuizo rápido ó presidente de Deputación, Manuel Baltar, por un presunto delito contra a seguridade vial.