Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 10/11/23
10/11/2023
09:59
Se onte lles contabamos as reaccións ao acordo de investidura entre socialistas e Junts, hoxe toca falar do que se asinou co PNV.
O presidente da Xunta desta volta di que rompe coa caixa común da Seguridade Social, a que paga as pensións. Pola contra, o delegado do goberno suliña que ao sumar ao PNV e Coalición Canaria, Pedro Sánchez terá o apoio de tódolos grupos parlamentarios agás PP e Vox.
E esta tarde coñecimos que os 11 imputados na trama principal da operación Pokemon chegaron a un acordo coa fiscalía e non haberá xuizo. Pactaron recoñecer os delitos a cambio de baixar as penas.