Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 11/05/23 11/05/2023 09:58

En principio o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, será xulgado o próximo 31 de maio por conducir cun coche oficial a 215 kilómetros con hora. Hoxe puidose celebrar un xuízo rápido telemático, pero Baltar non se conformou co escrito da acusación nin coa pena solicitada pola Fiscalía (a retirada do carné de conducir e unha multa), polo que non se puido dictar sentenza de conformidade. Ademais, antes da celebración do acto de presentación do candidato popular a alcaldía de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, asegurou que o seu partido non volverá pactar co alcalde, Pérez Jácome, debido ós audios publicados nos últimos días. Uns audios polos que hoxe presentaron unha denuncia ante a Fiscalía Provincial de Ourense.
 

Galicia Informativos
Más opciones