Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 12/04/23
12/04/2023
09:57
Neste segundo día de folga na sanidade pública, continúan as diferenzas entre as cifras de seguimento que calcula a Confederación Española de Sindicatos Médicos e as que calcula o SERGAS. Ademais, malia que Sanidade asegura que moitas das reivindicacións da CESM están acordadas na mesa sectorial, o sindicato nega que isto sexa así nunha xornada na que se confirmou que o conductor implicado no accidente de Xove deu positivo en alcol e na que os traballadores do servizo de limpeza do Hospital Abente y Lago da Coruña suspenderon temporalmente a súa folga polo despedimento de 5 compañeiras. A vindeira semana reuniranse coa empresa concesionaria pra tentar chegar a un acordo.