Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 12/11/21
12/11/2021
09:59
O incremento dos casos de covid en Galicia fai que se estuden novas medidas. De momento, o subcomité clínico aproba pedir o certificado covid para os acompañantes nos hospitais. Os contaxios seguen á alza e xa rondamos en Galicia os mil casos activos. Eso sí, ainda moi por baixo da taxa media de incidencia en España...
E esta tarde, nova manifestación dos traballadores de Vestas para pedir solucións que eviten o peche da fábrica de compoñentes eólicos. Foi en Foz.
Malestar na Xunta tras coñecerse que finalmente o ministerio de Educación elimina para este curso os exames de recuperación na ESO: o conselleiro de Educación pide que se dea marcha atrás a esta medida.