Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 13/11/23
13/11/2023
09:57
O anuncio da investidura de Pedro Sánchez e o pacto con Junts seguen sumando reaccións, tamén en Galicia.
A sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza adhírese ó comunicado das catro asociacións xudiciais contra o acordo, e o presidente da Xunta xa avanza que pedirá formalmente a convocatoria da conferencia de presidentes. Os líderes da oposición pídenlle a Rueda que acepte o resultado das urnas.
Por outro lado, constituise en Santiago "Recursos de Galicia", unha sociedade mixta de xestión de recursos naturais, participada nun 30 por cento pola Xunta e á que xa se incorporaron 33 empresas.