Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 14/01/22 14/01/2022 09:59

O Tribunal Superior de Xustiza deu o visto bo para ampliar as restriccións aprobadas pola Xunta ata o 29 de xaneiro. Contaban co apoio da fiscalía e o alto tribunal di que están mellor fundadas que as que remataban o día 18.

Todo nun día no que seguiron baténdose records de casos Covid, ainda que o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, di ver sinais de ralentización da sexta vaga de pandemia.

Tamén hoxe coñecimos que a Xunta convocará 2.628 prazas de profesorado en 61 especialidades nas oposicións de 2022.
 

Galicia Informativos
Más opciones