Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 15/06/23 15/06/2023 10:01

Cando faltan pouco máis de 24 horas para que se constitúan as novas corporacións locais, a actividade nas xuntas electorais é frenética. Deben resolver sobre os diferentes recursos presentados para que se poidan constituír os concellos. De momento xa sabemos que as corporacions de nove municipios do Barbanza non poderán facelo ata o 7 de xullo. Algo que atrasará tamén a posta en marcha da nova Deputación da Coruña.

Outro recurso de Democracia Ourensana ante a Xunta Electoral podería adiar a sesión constitutiva do concello de Ourense. E en Castro Caldelas xa está confirmado que haberá que repetir as eleccións.

Outra novidade que nos deixa a tarde é que Manuel Baltar tampouco repetirá como líder do PP ourensán despois do congreso provincial. Dicíao o presidente Rueda tras un consello da Xunta no que participaban xa os novos conselleiros e no que se aprobaba a maior oferta de prazas de FP da historia de Galicia

Galicia Informativos
Más opciones