Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 15/09/21
15/09/2021
10:00
Dende esta fin de semana non quedan xa limitacións ás reunións en Galicia, agás na restauración. Poderán xuntarse de madrugada persoas aínda que non sexan conviventes e amplíase a cantidade de comensais que se poden sentar á mesa en cafeterías e restaurantes.
O comité clínico segue relanxando medidas e estuda xa unha ampliación dos horarios na hostalaría, en discotecas e pubs que podería entrar en vigor en outubro.
E esta tarde, a UNESCO declarou Reserva da Biosfera a Ribeira Sacra e as serras do Courel e do Oribio. É a séptima área que goza en Galicia desta protección.