Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 15/10/21
15/10/2021
10:00
Está a piques de comezar en Viveiro unha vixilia simbólica convocada polos traballadores de Vestas. Hoxe chegou á sede da compañía en Dinamarca o traballador que emprendeu a viaxe en bicicleta pero os responsables da multinacional dinlle que o peche da fábrica de Chavín se debe a decisións empresariais.
Un grupo de lancheiros arousáns tiña preparada a súa loxística para introducir a través de Galicia parte do alixo que traía un veleiro dende o Caribe. Foi apreixado nas Azores e chegou hoxe escoltado a Vigo. Transportaba 2 toneladas e media de cocaína.