Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 16/03/23
16/03/2023
09:56
Non convenceron as explicacións da xerente do Sergas sobre o posible conflito de intereses porque seu irmán é un alto directivo da patronal de hospitais privados en Galicia... Estrella López asegurou no Parlamento que non hai tal conflito e que de feito era requisito para o seu nomeamento. A oposición garda dúbidas e pide información dos acordos do Sergas co sector privado.
E tamén en Santiago, as reinvidicacións dos doentes e familiares de enfermidades pouco comúns tiveron hoxe, día mundial das Enfermidades raras, eco na voz da raíña Letizia.