Informe anual da valedora do pobo. Cuestiona o sistema de axudas a dependencia. Pide ó goberno galego que axilice as aportacións económicas e que adopte medidas para reducir os tempos de agarda nas valoracións das persoas afectadas.
Mentres, arestora continúa a reunión entre o presidente da Xunta e o alcalde de Ferrol. Entre as principais peticións do rexedor ferrolán están a necesidade de construír un novo centro de saúde no barrio de San Xoán e de dotar de máis terreo industrial á cidade departamental.
En Vigo, prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido como suposto autor do incendio rexistrado a pasada medianoite no pavillón do Carme.
E a dirección de Alcoa promete ós empregados de San Cibrao recuperar en novembro a actividade na área de Fundición, parada desde comezos de mes.