Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 16/11/21
16/11/2021
09:59
Dous meses despois, a pandemia alcanza datos de risco medio en Galicia. O ministerio de Sanidade acaba de actualizar os datos de incidencia: hai 53 casos activos por cada 100 mil habitantes a 14 dias.. Iso si, coa poboación vacinada, estas cifras poderían non ser suficientes pra decretar esa suba de nivel. Estamos pendentes de que o ministerio tome unha decisión ó respecto.
Principal nova dunha xornada na que miramos á Mariña. Ás doce da noite comeza a folga xeral a que están chamados todos os sectores en defensa da industria da comarca.
Recolleremos tamén a absolución do médico investigado por homicidio imprudente por saltarse unha garda na Estrada en 2018, quenda na que morreu un paciente