Desde setembro de 2013 ata hoxe non houbera movementos claros sobre quen estivo detrás do crime que acabou coa vida de Elisa Abruñedo en Cabanas. Hai un detido, hoxe rexistrouse o seu domicilio, queda por saber se o seu ADN cadra co atopado no corpo da vítima. Vén de comparecer o delegado do gobernos, nuns minutos os detalles.
Todo nun día no que coñecemos os datos actualizados sobre a situación de pobreza e exclusión social en Galicia. As cifras melloraron con respecto a 2022, pero segue a haber 600 mil galegos con problemas no día a día. Comer carne ou peixe de forma habitual é unha das principais carencias, tamén poder quentar a casa no inverno.
Neste contexto, e ante a aprobación mañá do teito de gasto dos orzamentos de 2024, a oposición pide ó goberno galego medidas reais para axudar ás familias. Tanto socialistas coma nacionalistas insisten en que hai que facer reforzos na atención á dependencia.