Nunhas horas será preciso o certificado COVID pra acceder a ximnasios e piscinas, residencias de maiores e discapacitados, ou pra acompañar a doentes nos hospitais de día. Tamén se impón o seu uso nos eventos multitudinarios nos que se ofreza comida ou bebida.
Galicia está en risco case extremo por covid, e xa hai máis gromos por comidas ou ceas de empresa.... todo nun día no que xunta e traballadores de vestas confirmaron os peores temores: non hai alternativa ó peche da fábrica de viveiro, o 31 máis de cen empregados irán á rúa.
Recolleremos tamén o peche dunha explotacion leiteira en Lugo. En seguida contamos todos os detalles, tamén sobre o incendio que afecta á serra do xurés.
Nun venres ás portas dun finde semana de bo tempo... o luns xa cambia o conto.