Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 18/10/23 18/10/2023 09:56

Unha das protagonistas da tarde está sendo a chuvia. O 112 está a facer balance de danos pero xa adianta que está a haber moitas incidencias por caídas de árbores e vías anegadas sobre todo en Santiago -na zona de Sar-, no Baixo Miño e no Barbanza. De momento sen consecuencias graves. Iso si, precaución.

Outro protagonista das últimas horas é José Ramón Gómez Besteiro. Non haberá primarias finalmente no socialismo galego porque el é o único dos precandidatos que obtivo os avais necesarios. Optará por tanto á presidencia autonómica polo PSdG nas vindeiras eleccións.

Mentres, o consello da Xunta aprobou o proxecto de orzamentos galegos de 2024 que esgotan o teito de gasto e se sitúan nos 13.257 millóns de euros. As contas públicas serán remitidas agora ó parlamento pra comezar a súa tramitación. Conteñen unha importante partida pra gasto social, que supera os 9.700 millóns de euros, a maior parte para sanidade.

Galicia Informativos
Más opciones