O rei emérito está xa en Sanxenxo en visita privada. Como xa sucedera hai un ano, o motivo é participar nunhas regatas. A expectación mediática é desta volta superior á dos veciños... O presidente da Xunta salienta precisamente que é bo para Galicia porque se fala en todas partes da nosa terra.
Outro suceso do día é o da morte dun policía ferrolán nun tiroteo preto de Burgos. O axente, que estaba suspendido, roubou unha pistola no cuartel coruñés de Lonzas, e logo fuxiu. Estivo implicado nunha operación de tráfico de drogas o pasado mes de marzo.
E esta tarde estamos moi pendentes da reunión que desde as cinco ten lugar en Santiago entre o SERGAS e o sindicato convocante da folga de médicos. Prevése que vaia ser longa e dela podería sair unha desconvocatoria ainda que fose temporal.