Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 19/06/23
19/06/2023
09:57
Este luns continúan os movementos políticos e as reaccións tra-la constitución dos concellos esta fin de semana. A vista segue posta en Ourense, onde se agoiraba unha renuncia do líder popular, Manuel Cabezas, despois do pacto do seu partido con Democracia Ourensana. De momento non se produciu, pero 48 horas despois de conformarse a corporación, xa transcendeu que no pleno do xoves se vai oficializar unha renuncia. Neste caso, nas filas socialistas. Trátase de Alfonso Pavón, número 5 da lista, que deixará a acta por incompatibilidade laboral, ó ser o xefe de servizo de licenzas urbanísticas no concello.