Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 19/10/21 19/10/2021 09:59


A Audiencia Nacional anula por terceira vez nunha sentenza a prórroga concedida en 2016 a ENCE para o seu emprazamento actual na ría de Pontevedra. Ratifica que non está acreditado que a pasteira precise instalarse en dominio público para levar a cabo a súa actividade.


A Garda Civil detivo en Cangas a dous rapaces acusados de agredir sexualmente a dúas menores residentes do centro de acollida Príncipe Felipe de Pontevedra. Mañá pasarán a disposición xudicial.

Galicia Informativos
Más opciones