Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 20/06/22 20/06/2022 10:00

A maioría absoluta do PP en Andalucía axuda no camiño dos populares galegos a superar por quinta vez os 38 escanos na nosa comunidade. Foi a resposta de Alfonso Rueda a preguntas dos xornalistas antes de entrar ó comité de dirección do partido, que xa prepara os nomes para as municipais do vindeiro ano.

Tamén mellora o camiño de España para o cobro da indemnización millonaria da aseguradora do Prestige. A xustiza europea declara que a arbitraxe iniciada no Reino Unido non pode bloquear a sentenza da Audiencia provincial da Coruña que condena á aseguradora á facer a compensación económica.

Os transportistas seguen a reclamar solucións urxentes ante os atrasos que sofren polo desvío tras os derrubamentos na A6 mentres recordan que o prezo dos carburantes mantén ó sector ó bordo do colapso.

Galicia Informativos
Más opciones