Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 20/09/21 20/09/2021 10:00


Nova fronte para os traballadores da industria en Galicia. A fábrica de compoñentes eólicos que VESTAS ten en Viveiro pechará contra finais de ano. A previsión da compañía é reubicar os máis de 100 traballadores noutras plantas pero dende o comité de empresa non coñecen aínda a folla de ruta deste peche.


O SERGAS comeza mañá en Santiago a vacinar coa terceira dose os maiores que viven nas residencias. Unha medida acordada entre tódalas comunidades e que comeza en Galicia coa incidencia acumulada á baixa: sitúase en 76 casos por cada cen mil habitantes a 14 días.
 

Galicia Informativos
Más opciones