Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 20/09/22
20/09/2022
09:58
A Xunta e o sector pesqueiro solicitarán ó goberno que presente un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea pra impedir o peche da pesca en 87 caladoiros do Atlántico Norte. O propio Alfonso Rueda, enviará nunha carta ó presidente Pedro Sánchez pra pedir a súa implicación.
A dirección Xeral de Costas comprométese a estudar caso por caso a situación das empresas do sector mar-industria ubicadas no litoral. É un dos resultados da reunión mantida esta mañá en Madrid entre os representantes do sector e a responsable da Dirección Xeral de Costas, Ana María Oñoro.