Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 20/10/23 20/10/2023 09:58

Nuns días con enfrontamentos cruzados entre Xunta e oposición a conta dos orzamentos de ano que vén, con discrepancias sobre as cifras que se destinan a gasto social, convén coñecer datos que dan conta da realidade de moitas familias: máis de 90 mil nenos da nosa comunidade están en risco de pobreza. De contado debullamos as cifras.

Todo nunha xornada na que amainou o temporal en Galicia, xa non hai avisos vermellos na costa, aínda que continúan as consecuencias da choiva e o vento. A A6 segue afectada polo desprendemento de terra da pasada tarde, a circulación aínda non se retomou na súa plenitude a altura de Becerreá.

As últimas horas deixan tamén o falecemento dunha muller de 33 anos nun accidente de tráfico en Celanova, por unha saída de vía que a levou a impactar cun muro.

Galicia Informativos
Más opciones