Os trasportistas propoñen ó goberno poder circular en horas nocturnas pola Nacional Sexta ó seu paso por Pedrafitra pra poder levar as mercadorías especiais, que desde O derrubamento na A6 non teñen alternativa de circulación.
Tamén do transporte, xornada de folga en Monbús que, segundo as cifras do sindicato, está a ser un éxito de seguemento. Afecta as liñas de A Coruña, Betanzos e Ferrol. Denuncian as malas condicións laborais e o deterioro do servizo en toda Galicia tras as novas concesións.
Sanidade recoñece que os incentivos económicos para os médicos de atención primaria que amplíen a cota de pacientes non solucionan o problema pero indican que a solución ó déficit de facultativos non pasa pola Xunta senón polo goberno central. A oposición, en cambio, pide incrementar o orzamento sanitario en Galicia.
E aumentan a nove as persoas detidas na área de Vigo na operación contra as narcolanchas.