Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 21/09/21
21/09/2021
09:59
Os gandeiros galegos vense abandonados tra-la publicación hoxe no BOE da nova orde de protección do lobo. Temen non ser indemnizados se sofren algún ataque a partir dagora e non cumpren os requisitos de prevención que establece a lei.
Dende o movemento ecoloxista sinalan que aínda hai excepcións que permiten a caza do lobo.
E hoxe constituíuse no Congreso dos Deputados a ponencia que estudará a transferencia da AP-9 a Galicia. Un primeiro trámite tra-lo que, semella, se vai romper a unanimidade política coa que o asunto saíu do Parlamento galego.