Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 22/11/21
22/11/2021
09:55
Hai unha década precisábanse máis de 6 horas pra viaxar a Madrid en tren desde Galicia... desde o 21 de decembro serán dúas horas e cuarto. É o tempo que durou esta mañá a viaxe de probas entre Chamartín e Ourense. A alta velocidade, agora si, chega á nosa comunidade.
QUE TAL MOI BOAS TARDES... é a nova máis importante dun día no que a pandemia segue a mala evolución. Nestes intres a Xunta estuda restricións co sector hostaleiro.
Recolleremos tamén a xornada plenaria no Pazo do Hórreo... Os orzamentos seguen a súa tramitación, todo a un día da reunión de Nuñez Feijoo en Santiago con outros sete presidentes autonómicos pra falar do financiamento das comunidades.