Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 23/06/22
23/06/2022
09:55
O San Xoán é hoxe protagonista. En Riazor, Panxón, San Vicente do Mar, a zona vella de Ourense ou a rúa de San Pedro compostelá. Todo listo para unha noite moi agardada na que as fogueiras poñen luz despois de que a covid truncase os plans dos últimos anos.
Á marxe do San Xoán, o consello da Xunta acorda un bono de alugueiro de 250 euros ó mes para os menores de 35 anos e decide ademais manter conxeladas as taxas universitarias. Na oposición, o BNG reclama medidas para o rural. Entre outras, manter os servizos educativos, sanitarios e bancarios.
Dos deportes, o Celta xogará o seu primeiro partido de Liga da vindeira tempada co Espanyol en Balaídos.