Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 24/09/21
24/09/2021
09:59
O avogado do maquinista do Alvia accidentado en Angrois en 2013 insiste na súa inocencia e en que non había ningunha medida de prevención, nin protección, nin de seguridade na curva Grandeira, onde faleceron 80 persoas e houbo máis dun cento de feridos.
Que tal boas tardes... son parte dos argumentos do escrito final de defensa que o letrado vén de presentar. Nos primeiros meses do ano que vén comezará o xuízo en Santiago.
De contado coñecemos máis polo miúdo o contido deste escrito... Nunha tarde que virou gris... de alerta amarela nas provincias de Pontevedra e A Coruña. Meteogalicia avisa de choivas que poden ser localmente fortes e que se senten xa nalgúns puntos, acompañadas de treboadas.