Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 26/04/2021
26/04/2021
09:57
Volve a repunta-la presión sanitaria pola COVID19. Están hospitalizadas 214 persoas, dez máis que na xornada precedente, ainda que se reduce o número de doentes atendidos nas UCI. Son agora 45, un menos.
NO lado positivo, tras cinco días de suba fréase a evolución dos casos activos. 3.015 persoas padecen a enfermidade, unha menos que no reconto anterior.
Tamén baixan sensiblementes os novos casos detectados. Foron 141, medio cento menos..
O Sergas non engadiu ningún falecido na última xornada. E por primeira vez no que vai de pandemia, cúmprense 10 días sen casos de COVID nas residencias de maiores, nin entre os usuarios nin entre os traballadores.
A tasa de positividade mantense por baixo do dous por cento