Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 28/06/22 28/06/2022 09:59


O pleno da cámara galega vén de aprobar a lei de mellora do ciclo da auga. Saiu adiante co rechazo da oposición que ven nesta lei unha suba de impostos. Mentres, o partido popular defendea dicindo que se trata dun novo paso pra xestionar os recursos naturais de Galicia.

No sanitario, o persoal temporal de residencias públicas e dependentes piden poder dicir non aos contratos de media xornada sen que iso lles repercuta nas litas de contratación. Tamén, as traballadoras de axuda no fogar continuan coas movilizacións convocadas pola CIG servizos pra reclamar melloras salariais-

E hoxe, é o día do orgullo LGTBI en todo o mundo. Un día no que en Galicia milleiros de persoas saíron a rúa pra reivindicar os seus dereitos. Na Coruña, a manifestación do orgullo acaba de comezar hai uns intres.

Galicia Informativos
Más opciones