Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 28/09/21
28/09/2021
10:00
Empeza a conta atrás para os 115 traballadores de Vestas en Viveiro. A multinacional eólica rexeita sentar coa Xunta e o comité arredor dunha mesa industrial para barallar alternativas ao peche da fábrica de Chavín e dá por comezada a negociación do ERE.
E a esta hora estamos pendentes da reunión do comité clínico, que hoxe estuda o novo protocolo para o lecer nocturno. De contar co seu aval e co do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, podería entrar en vigor esta mesma fin de semana.