Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 01/12/23 01/12/2023 14:54

Persoas maiores, con algunha dependencia, enfermidade, ex adictos... Son moi variados os perfís de adultos tutelados. En Galicia hai uns 3 mil nesta situación, pero só 7 traballadoras sociais para encargarse de atendelos. A Fundación Paideia pide explicacións á Xunta, de contado escoitamos a resposta do goberno galego.

Un executivo autonómico que prevé aprobar un decreto para regular a actividade investigadora: o obxectivo é ofrecer un traballo fixo en Galicia para que non marchen fóra.

En Glasgow, seguen na UCI os dous tripulantes dun pesqueiro vigués tras sufrir un accidente a bordo a 100 millas de Escocia.

E moitos xa o notarían, terremoto con epicentro en Oroso pouco despois das sete da pasada tarde. Sentiuse en concellos próximas, coma Santiago. O tremo foi de 3,6 graos na Escala Richter.

Galicia Informativos
Más opciones