2023 deixa bos datos de emprego. Os demandantes de traballo son menos de 130 mil. Continúa a actividade política, nun mes xa estaremos en plena campaña electoral. E, de momento, os casos de gripe non baixa. As urxencis teñen que atender cada día a máis pacientes. O último informe de Sanidade sinala que en 24 horas acudiron ós hospitais case 3 mil adultos. As asociacións de pacientes consideran que o número non sería tan alto se funcionase ben a atención primaria e se deran citas presenciais sen a demora actual.
Deportes. O Celta acaba a primeira volta fóra dos postos de descenso. Onte gañou o segundo partido en Balaídos. Derrotou ó Betis por 2-1 e aproveitouse da derrota do Cádiz.
O tempo. Á espera dunha nova borrasca que traerá unha masa de aire frío. Ó final do día a cota de neve vai baixar ata os 800 metros.