Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 05/01/24 05/01/2024 14:58

Moita preocupación pola aparición de pquenos plásticos en numerosas praias do atlántico. proceden dun barco que perdeu un contedor cando navegaba á altura de Viana do Castelo. Polo seu tmaño son difíciles de recoller, pero supoñen un perigo pola posibilidade de que se incorporen á cadea trófica.

Baixa o número de doentes que acuden ós hospitais por virus respiratorios, pero de momento as urxencias seguen moi tensionadas. O BNG pide que o presidente Alfonso Rueda explique no parlamento as medidas adoptaas por sanidade. O conselleiro atribúe esta iniciativa a proximidade das eleccións.

Deportes. O Deportivo pechou cun triunfo a primeira xornada do ano na primeira federación e sitúase a un punto dos postos de promoción.

O tempo. chega a neve ás comarcas de montaña. Pra este venres agárdanse chuvascos que condicionarán as tradicionais cabalgatas.

Galicia Informativos
Más opciones