Informativo Galicia 7:45 - 06/09/24
Chuvia e moito máis frío, alomenos comparado coas temperaturas recentes. Así comeza este primeiro venres de setembro. Chuvias que se prevé se estenda a toda Galicia, tamén á franxa sur, afectada por dous dos incendios máis importantes do verán: Entrimo e Crecente. Sen dúbida estas condicións meteorolóxicas axuda á súa extinción.
O BNG denuncia o conflicto de intereses que se produce no último nomeamento da Xunta pola vinculación da nova directora xeral de calidade ambiental co director territorial de ENCE en Galicia.
E, o PP descualifica o informe do Consello da Cultura Galega que sinala que o proxecto de Altri en Palas fracturaría o territorio.
Volvemo ó tempo nesta mañá cando menos de outono.
Nas provincias da Coruña e Pontevedra a Aemet activou este venres a alaerta porchuvias. A alerta comezará o mediodía e estará vixente ata a medianoite.