Continúa nas praias galegas a limpeza para eliminar as pequenas bolas de plástico que perdeu un buque mercante fronte á nosa costa. Con enfrontamento entre concellos, Xunta e goberno estatal: non cadran as datas nas que se tivo coñecemento do problema. Alcaldes coma o de Ribeira e o goberno estatal indican que a Xunta sabía o sucedido en decembro; a Xunta insiste en que non soubo nada ata hai unha semana.
Unha polémica que chega en plena precampaña. A un mes e medio das autonómicas as últimas enquisas reflicten unha nova maioría absoluta para o PP.
Por certo a pasada tarde coñeciamos o falecemento do xornalista radiofónica Luis Rial, pasou por moitas emisoras, entre elas esta casa Radio Nacional.
Nos deportes, vitoria do Celta 2 a 4 en Copa do Rei ante o Amorebieta; en baloncesto
perdeu o Obradoiro na pista do Barcelona e o Breogán venceu ó Granada.