As últimas horas déixannos un atraco a punta de pistola en Vigo. Foi a pasada tarde nunha sucursal bancaria. Botín de 300 mil euros e operación Xaula para dar cos atracadores nunha cidade ateigada de xente polas luces do Nadal.
Detalles, Óscar González, bo día!
Un atraco en Vigo que é o sexto na contorna en dous meses. E que coincide coa detención de catro persoas implicadas en roubos en bancos en Pazos de Borbén e Vilaboa.
Polo demais, o fundamental deste xoves pasa polo consello da Xunta e a ampliación nas limitacións do uso do móbil nos centros educativos. Agora afectarán tamén ó horario non lectivo.
Xa sabemos tamén que a autopsia preliminar non aclara como morreu a muller achada inconsciente en Nogueira de Ramuín, e que a Audiencia da Coruña condenou a 27 anos de cadea ó home que asasinou a unha veciña de Oza-Cesuras en 2021.
Nos Deportes, vitorias do Rácing e do Celta na Copa do Rei.