Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 09/01/24 09/01/2024 14:59

Nas praias, voluntarios, persoal dos concellos e un dispositivo de 200 efectivos do goberno autonómico seguen a retirar a marea branca de plásticos. Xa chegaron a Ons e a Sálvora: parque nacional das Illas Atlánticas. Antes facíano a Muros, Noia, Pontevedra, Arousa, Nigrán ou Vigo. Case toda a nosa costa afectada. A Xunta indica que non son tóxicos. A fiscalía xeral do Estado xa abriu dilixencias para investigar o caso.

Mentres, a preparación das eleccións deixa cambios en Lugo: Lara Méndez deixará a alcaldía tras nove anos no cargo para ir de número 2 do PSdeG nas listaxes lucenses á Xunta. A dirección da formación en Galicia ten que dar esta xornada o seu visto bo ás propostas das agrupacións provinciais.

E hai desacordo no goberno galego coa decisión do Ministerio de Sanidade de dar obrigatoriedade ó uso da máscara en todas as áreas dos hospitais e centros de saúde.

Nos deportes, o Celta enfrontarase ó Valencia nos oitavos da Copa do Rei.

Galicia Informativos
Más opciones