Dos mil sacos de pellets que perdeu un buque mercante fronte ás nosas costas, só o 10 por cento puido recollerse. A previsión é que nos vindeiros días continúen chegando as bolas, a maior parte da carga segue no mar. Con esta previsión, o goberno galego decidiu elevar o nivel de emerxencia polo que o seguinte paso será a chegada da axuda estatal.
Mentres, pensando nas eleccións, agardamos a coñecer as listaxes dos diferentes partidos. No caso do PSdeG, salvo sorpresa, tres mulleres encabezarán as listas da Coruña, Pontevedra e Ourense: Patricia Iglesias, Elena Espinosa e Carmen Rodríguez Dacosta. Por Lugo, xa saben, o candidato Gómez Besteiro.
No sanitario, o Sergas amplía a campaña de vacinación contra a gripe e a covid ata o 26 de xaneiro