Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 11/01/24
11/01/2024
14:55
Un submarino é unha das principais peticións da Xunta ó goberno central para interceptar os sacos de plásticos no mar, antes de que rompan e as bolas cheguen ós areais. Mentres, os voluntarios seguen a traballar nas praias: o centro de investigación CETIM recomenda non inhalar o po, evitar o contacto coa pel, ollos e roupa durante a limpeza.
A Deputación Permanente do Parlamento reunirase de urxencia a partir das dez para debater a comparecencia do Goberno galego pola crise dos granulados.
En Rábade, xa hai un detido como presunto autor da morte do home atopado nun sumidoiro localizado nun polígono industrial. O arresto produciuse en Sarria.