Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 11/12/23 11/12/2023 14:54

Cita esta mañá das autonomías co Ministerio de Facenda, a Xunta quere que se poña sobre a mesa a condonación da débeda das comunidades ou a execución de fondos europeos.

Todo nunha xornada na que a frota galega mira a Bruxelas. Reunión de ministros europeos de pesca para decidir as cotas para algunhas especies a partir do ano que vén.

Atrás queda unha Ponte da Constitución cunhas cifras de ocupación hostaleira que melloraron as previsións. O balance negativo está nas estradas, con 4 vítimas mortais, a última unha muller de 59 anos en Xinzo.

Nos deportes, o Celta pechará esta noite a xornada de Liga en Primeira cunha visita ó campo do Rayo Vallecano a partir das nove.

Galicia Informativos
Más opciones